3 jun 2024

OS CLUBS DE LECTURA VISITAN LIBRARÍAS

O venres 31 de maio, os Clubs de Lectura de 5º e 6º realizaron unha saída para coñecer a organización e funcionamento dunha libraría.

Para elo, achegámonos a libraría Nobel, onde Maribel e Eva, atendéronnos moi amablemente explicándonos todo o traballo que fan e tamén nos ensinaron algunhas coleccións axeitadas a nosa idade e que gustan aos lectores e lectoras.

Por outra banda, como este curso o lema de bibliotecas escolares é sobre banda deseñada, quixemos coñecer unha librería especializada en cómic, Sousa cómic. Antonio, explicounos que tipo de materiais podemos atopar nesta libraría.

A rapazada estivo vendo e ollando aqueles libros que lles gustaría que estiveran na nosa colección facendo unha selección e que logo mercamos.

Agradecer a Maribel, Eva e Antonio pola súa atención e amabilidade!!!

Rematamos a xornada coa visita ao Museo Quiñones de León, onde fixemos un percorrido pola sala de arqueoloxía  e poidemos visualizar os restos de petroglifos e cultura castrexa que son a temática do libro “Maxia de pedra” de Xabier Domínguez que leron os nenos e nenas de 5º.

Rematamos merendando  e facendo a foto de grupo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario