O alumnado de 1º de Primaria estivo traballando nun proxecto cinematográfico incrible.
A súa curtametraxe titulada “A
colleita de ratiño do Seis do Nadal” é unha obra maestra de imaxinación e de
traballo en equipo. Os nenos e nenas asumiron diversos roles na produción,
dende cámaras que capturaron cada movemento ata dobladores que deron vida aos
personaxes. Tamén construiron escenografías detalladas manexando o son e a
iluminación e moito máis.
O proceso de creación foi
unha experiencia enriquecedora dende o comezo ata o final. Os nenos e nenas aprenderon
sobre o traballo en equipo, a creatividade e a importancia da perseverancia e a
paciencia. Desenvolveron habilidades técnicas e artísticas e descubriron o
poder da narración visual.
Demostraron que con esforzo, dedicación e un pouco de maxia todo é posible.
As familias tamén participaron neste proxecto, na decoración das esceas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario