O luns, 3 de xuño, o alumnado do centro tivo a sorte de coñecer ao cineasta vigués Álvaro Gago, director da premiada película “Matria” rodada en Galicia e en galego, e nomeada aos premios Goya de cinema.
A súa emoción por compartir
con nós eses momentos era inmensa xa que foi alumno do noso cole.
No encontro puidemos ver a
súa “ópera prima” titulada “Curricán”, curtametraxe rodada en 16mm na
localidade de Vilanova de Arousa tamén en galego e protagonizada por un avó mariñeiro
e os seus dous netos, e que nos contou que está baseada nas súas propias
vivencias da infancia.
4º de Edº infantil disfrutou
cos exemplos prácticos e puido tocar e experimentar co taumatropo e o zootropo.
Grazas Alvaro pola visita e por compartir con nós o teu tempo!!! Moita sorte nos novos proxectos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario