No Obradoiro da Linguaxe de Edº Infantil traballaron o tema do proxecto “OSEISMEDIA” en varias sesións.
Presentáronlle
aos nenos/as distintos tipos de cámaras fotográficas: compactas, réflex,
dixitais, analóxicas...
Tamén lles
explicaron como funcionan as cámaras con carrete e viron e tocaron distintos
negativos. Todo o alumnado probou a mirar polo visor e a darlle ao disparador.
Posteriormente
elaboraron un visor de cartolina, do tamaño dunha foto de 10x15, e saíron ao
patio co obxectivo de buscar cada un a instantánea que máis lle gustase.
Elixiron a súa foto, a imprimiron e a pegaron nun marco.
Cada alumno/a
explicouna despois aos demais (describiron a fotos, por que elixiu ese tema,
que sensacións lle provocou...), puxéronlle un título e decoraron o marco.
Con todas elas realizaron unha exposición no corredor, chamada: “ANACOS DO NOSO PATIO”, certificando a autenticidade das obras cun diploma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario