O pasado 30 de abril visitounos Jorge Campos para introducirnos no mundo dos cómics e a súa relación co noso PDI OSeisMedia, posto que tanto o cómic como o mundo audiovisual buscan contar unha historia a través das imaxes.
A rapazada puido descubrir como se chama o cómic en diferentes idiomas (banda deseñada, fumetti, cuadrilos, bande dessinée...) e como eses nomes dependen principalmente de como se lle chama ao elemento fundamental que os forma: a viñeta ou o bocadillo.
Tamén nos falou un chisco da produción e edición dos cómics usando como exemplo os que el mesmo creou.
Ademais falounos de diferentes elementos que forman parte dos cómics: viñetas, bocadillos, onomatopeas...
E
tras un tempo de preguntas para resolver as inquedanzas da rapazada de 5º,
crearon un pequeno bosquexo de 4 viñetas para pechar o obradoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario