O 15 de maio recibimos ao escritor Xabier Domínguez que tivo unha xuntanza co Club de Lectura de 5º para conversar sobre o libro que leron, “Maxia de pedra”.
Unha
novela de maxia, intriga e acción que nos transporta á Galicia castrexa e á
época de romanización.
Explicounos
o proceso de creación dun libro e as distintas persoas (redactor, editor,
escritor/a… que que son necesarias neste proceso ata que o libro chega ás mans dos
lectores e lectoras.
Contounos
que os nomes dos seus protagonistas son o da súa filla, Anxela e de amigos e
tamen fai unha pequena homenaxe a un profesor de historia, Roberto, que tivera
Xabier.
Conversamos
sobre os temas que aparecen na obra: relación pai/filla, da importancia da arqueoloxía para coñecer o pasado histórico, a posta en valor
do patrimonio, do coidado de medio ambente...
Descubriunos
que a segunda parte e, continuación deste libro, é unha nova aventura de Anxela
que viaxa a II Guerra Mundial e descobre os tesouros agochados nunha mina
abandonada, “Segredos soterrados”.
O alumnado estaba desexoso de preguntar aquelas curiosidades que espertou a súa lectura con diferentes preguntas que remataron coa entrega de agasallos e unha foto co grupo.
Unha sesión moi amena e agradable!!! Moitas grazas Xabier pola visita!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario