Celebramos o Día das Letras Galegas con varias actividades organizadas polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.
Traballamos a biografía de Luisa Villalta, construindo
entre todas as aulas varios pentagramas xa que a música, especialmente a que
creaba co seu violín, acompañouna sempre.
Cada
aula de Primaria escribiu unha frase nas liñas destes pentagramas, utilizando
como complemento, as ilustracións do libro da Ed. Xerais “Luisa Villalta. Alma
de violino”.
Edº Infantil
creou un pentagrama interactivo coas notas musicais e palabras significativas
que definen moi ben a esta autora.
Tamén houbo unha selección de libros sobre a autora homenaxeada!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario