A asociación cultural e pedagóxica Ponte... nas ondas! convoca o VII Certame de fotografía ”As imaxes do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués” como proposta do seu modelo de Boas prácticas.
O
seu obxectivo é que o patrimonio que se encontra depositado nas familias sexa
transmitido ás novas xeracións para que teñan un coñecemento das súas orixes e
do seu patrimonio. Con estas imaxes terán acceso a unha boa parte de expresións
culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas para os máis novos e
novas.
Tendo en conta o PDI deste ano (OSEISMEDIA), dende a Radio do Seis, animámosvos a participar neste concurso, como?
· Debes dixitalizar unha fotografía familiar que sexa
anterior ao ano 1970 e acompañala da súa propia historia, por exemplo, a través
dun:
-Pé
de foto (máximo de 200 palabras).
-Un
código QR que inclúa un pequeno podcast (un audio de máximo 5 minutos, podendo
incluír música, entrevistas…).
As fotos
xunto co texto ou código QR debedes envialo ao correo da biblioteca:
bibliotecaseisdonadal@gmail.com
A
data límite para o envío da túa fotografía, acompañada do seu texto/audio
explicativo é o vindeiro 30 de maio.
ANIMÁDEVOS!!!
Na seguinte ligazón tedes máis información:
No hay comentarios:
Publicar un comentario