As clases de 2º de Primaria continúan traballando no proxecto documental de fotografía.
Despois de coñecer a Vivian Maier e a
Luis Ksado, achegámonos a outro fotógrafo que Olai Sendón nos presenta no seu
libro “A fotógrafa Perpetua”, porque as súas fotos ademais de contar historias explican o mundo e axudan a recordar as cousas e a xente que se foron deixando atrás.
Aproveitando que o reto da biblioteca para este segundo trimestre é “Imaxina! Narrativas de Paz” e,
partindo da foto “Muerte de un miliciano” de Robert Capa, fixemos como Olaia, a
nosa propia reinterpretación empregando diferentes elementos.
Robert Capa é o pseudónimo que
empregaban dous fotógrafos, Endre Ernő Friedmann e Gerda Taro, para publicar as súas reportaxes fotográficas
sobre conflictos bélicos.
Agradecer ás familias a súa inestimable
colaboración e implicación por este ilusionante proxecto no que estamos
inmersas neste curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario