1 mar 2024

PROXECTO FOTOGRAFÍA 2º: ROBERT CAPA

As  clases de 2º de Primaria continúan traballando no proxecto documental de fotografía.

Despois de coñecer a Vivian Maier e a Luis Ksado, achegámonos a outro fotógrafo que Olai Sendón nos presenta no seu libro “A fotógrafa Perpetua”, porque as súas fotos ademais de contar historias explican o mundo e axudan a recordar as cousas e a xente que se foron deixando atrás.

Aproveitando que o reto da biblioteca para este segundo trimestre é “Imaxina! Narrativas de Paz” e, partindo da foto “Muerte de un miliciano” de Robert Capa, fixemos como Olaia, a nosa propia reinterpretación empregando diferentes elementos.

Robert Capa é o pseudónimo que empregaban dous fotógrafos, Endre Ernő Friedmann e Gerda Taro, para publicar as súas reportaxes fotográficas sobre conflictos bélicos.

Agradecer ás familias a súa inestimable colaboración e implicación por este ilusionante proxecto no que estamos inmersas neste curso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario