O tema do Día Internacional da Muller do 8 de marzo é “Investir nas mulleres: acelerar o progreso”.
Nun mundo que se enfronta a múltiples
crises que someten ás comunidades a unha inmensa presión, lograr a igualdade de xénero e o
benestar da muller en todos os ámbitos é máis crucial que nunca si queremos
xerar economías prósperas e conseguir un planeta saudable.
Sen embargo enfrentámosnos a un desafío
clave: non existe financiación suficiente en materia de xénero e contamos cun
alarmante déficit anual de 360.000 millóns de dólares en medidas de igualdade
de xénero para 2030.
Estas
son as cinco áreas que requiren unha acción conxunta para non deixar ás
mulleres atrás:
-Investir nas mulleres, unha cuestión de
dereitos humáns.
-Acabar coa pobreza.
-Poñer en marcha un financiamento
transformador para a igualdade de xénero.
-Avanzar hacia o desenvolvemento sostible e unha sociedade do coidado.
-Apoiar os feminismos que impulsan o
cambio.
A Axenda 2030 marca como Obxectivo número 5: Lograr a igualdade entre os xéneros e empoderar a todas as mulleres e nenas. As bibliotecas deben apoiar a igualdade de xéneros e ofrecer lugares e actividades de encontro e empoderamento.
As bibliotecas escolares de Galicia traballan todo o curso, en prol dunha igualdade efectiva na nosa sociedade, formando cidadanía crítica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario