27 mar 2024

XUNTANZA CLUB LECTURA 6º

Continuamos coas xuntanzas dos Clubs de Lectura, nesta ocasión co grupo de 6º, que se reuniu o mércores 13 de marzo, para compartir experiencias lectoras sobre “Lúa do Senegal” de Agustín Fernández Paz. 

Cóntanos a historia de Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África.

O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.

Falamos de emigración, do desarraigo, do respecto, da aceptación… pero tamén da importancia de contar historias e da narración oral.

A valoración deste libro foi moi boa. Continuaremos gozando de cada nova historia e de compartir xuntos as emocións que nos provocan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario