Na xuntanza do Club de Lectura de Adultos, o 17 de abril, compartimos opinións e puntos de vista sobre o segundo libro que lemos: “Sete Caveiras” de Elena Gallego.
Esta novela negra ambientada en Vigo fía unha serie de asasinatos en
escenarios reais con sinalados acontecementos dos anos oitenta. É unha homenaxe
da autora á profesión xornalística, e tece unha engaiolante trama de intriga
coa banda sonora da Movida.
Deu pé ás comparacións co libro ”Siete negritos” de Agatha Christie e a
falar da Movida viguesa.
Coma sempre, acompañamos as nosas tertulias con café e
doces!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario