3 abr 2023

AS PALABRAS MISTERIOSAS

Durante o mes de marzo o alumnado de 3º de Primaria puido desfrutar na BiblioLab dun Obradoiro de robótica, no que en primeiro lugar tiveron que enfrontarse a un sobre misterioso no que atoparon un grupo de palabras escritas en diferentes idiomas. Para resolver este primeiro reto fixeron uso da intelixencia artificial, que lles axudou a descubrir o verdadeiro significado de cada unha. 

E en canto coñeceron o significado das palabras levaron unha sorpresa, xa que enseguida deduciron que se trataba dun conto. Ese foi o momento perfecto para facer uso do código QR que aparecía no sobre misterioso e que os levou ata o programa de Scratch onde, efectivamente, se atopaba o conto dos "Tres porquiños e o lobo". A partir de aquí o reto foi debuxar cada un dos personaxes para que cando se reproducise a historia, esta estivera completa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario