O 19 de abril o alumnado de 5º de Primaria tivo un encontro coa escritora Andrea Maceiras, para falar do libro Volverás, golfiño.
Gustounos moito xa que trata sobre pantasmas, o coidado
da natureza, barcos afundidos...Está ambientado na Costa da Morte e
inspirado en feitos reais.
O
alumnado tivo ocasión de preguntarlle todas as cuestións que lles interesaban e
Andrea contou moitos detalles sobre a historia, descubrimos como é o
traballo dunha escritora e, para rematar, comentamos os gustos literarios e fixemos
algunhas recomendacións lectoras.
Asinou nos exemplares do alumnado e no libro de visitas.
Foi unha charla moi agradable!!! Moitas grazas Andrea Maceiras!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario