O Club de Lectura de Adultos “Ás seis no Seis” tivo un encontro literario coa escritora María Canosa para falar do seu libro “O lado do que dormes”.
Explicounos
que o libro xurdiu da súa experiencia persoal no que pretendía amosarnos a
realidade e visibilizar os micromachismos.
Aínda que María tivo a sorte de educarse nun entorno igualitario foi
cando comenzou a traballar como enxeñeira na obra cando se percatou desta
situación.
Falamos dos distintos personaxes, da elección do título do libro e dos temas que se plantexan na novela.
Rematou asinando cada un dos exemplares e no libro de visitas.
Foi
unha tarde moi amena na que compartimos tertulia, café e doces!!!
Grazas María por compartir con nós o teu tempo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario