" PALABRAS DE AGUA"
Premio Merlín de Literatura Infantil 2012
O
alumnado de 6º puido disfrutar dunha sesión co escritor.
Primeiro fixéronlle unha entrevista para o programa da radio que emitimos todos os venres na hora do recreo.
Marcos falounos
da historia e dos personaxes do libro e respostou ás preguntas que lle fixeron.
Rematou
asinando no caderno de lembranzas e nos libros. Grazas!!!!
PALABRAS DE AUGA
O título é unha pequena imaxe poética, unha
metáfora, porque trata dunha tribo nun lugar indeterminado de África que está
no medio da sabana, no medio das secas, esfameada, fuxindo das guerillas, da
violencia e da fame.
Palabras de auga alude a iso, a que non teñen auga.
Alude a unha situación desesperada na que teñen que buscar o alimento mentres
agardan a que o chamán reciba a inspiración dos deuses e decida sobre o seu
futuro. A historia narra, en capítulos alternos e a través de flashbacks, como
chegaron ata ese momento, todo visto polos ollos dun neno de once anos que se
chama Amadou.
No hay comentarios:
Publicar un comentario