O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do noso centro : “ O FIADEIRO” quere solicitarlle unha vez máis a súa colaboración para pedirlle material para facer o luns 29, o Maio do Seis ( PINGAS DE AUGA ) e espantar os meigallos ata o ano que ven, aproveitando que xa chegou a primavera e igual hai unha boa fin de semana para saír ao campo a recoller de todo.
Serven todo tipo de flores: calas, pampillos, margaridas, uces, carqueixas, e moitas xestas. Logo, fiuncho, fentos e outros vexetais para enchelo. Cascas de ovos en boas condicións, cascas de laranxas, bugallos, landras,etc. Se fan cos seus fillos e fillas cadeas de flores ensartadas no fío, estaría moi ben. Se alguén quere escribirnos unhas coplas tamén serían ben recibidas.Aproveiten para decirlle como se chama todo o material que traen.
Facer un debuxo dun maio detrás desta folla –para aproveitar o papel- recortalo e poñerémolo nunha exposición na entrada. A botarlle imaxinación.!!!
Moitas grazas pola súa constante colaboración!!!!!!
|
Cada primeiro de maio, a vexetación sae á rúa en forma de "Maio", unha construción de diferentes formas feita con elementos vexetais en función da zona na que se elabora e que pode ser enxebre ou artístico.
Os historiadores non conseguen porse dacordo á hora de datar a da orixe dos maios. Hai quen a sitúa no Paleolítico, momento no que xorden os cultos agrarios como hai quen a sitúa no Neolítico, co nacemento da agricultura.
Aínda que non están moi claras as súas orixes parece indiscutible a celebración do espertar da natureza,a protección de vexetais e animais,o inicio do amor nun contexto dinamizado pola ledicia diante do alborexar da vida nova.
Coas coplas acontecía igual que coas formas e os materiais de construción dos propios maios, hai moitas estructuras, figuras e variantes.
Máis información na páxina de
GALICIA ESPALLADA
GALICIA ESPALLADA
No hay comentarios:
Publicar un comentario