29 abr 2013

VISITA DE MARCOS CALVEIRO


O  venres 19 de Abril  visitounos MARCOS CALVEIRO,autor de
   " PALABRAS DE AGUA"
Premio Merlín  de Literatura Infantil 2012
 
  O alumnado de 6º puido disfrutar dunha sesión co escritor.
Primeiro fixéronlle unha entrevista para o programa da radio que emitimos todos os venres na hora do recreo. 
Marcos falounos da historia e dos personaxes do libro e respostou ás preguntas que lle fixeron.
Rematou asinando no caderno de lembranzas e nos libros. Grazas!!!!
             
PALABRAS DE AUGA 
O título é unha pequena imaxe poética, unha metáfora, porque trata dunha tribo nun lugar indeterminado de África que está no medio da sabana, no medio das secas, esfameada, fuxindo das guerillas, da violencia e da fame.
    Palabras de auga alude a iso, a que non teñen auga. Alude a unha situación desesperada na que teñen que buscar o alimento mentres agardan a que o chamán reciba a inspiración dos deuses e decida sobre o seu futuro. A historia narra, en capítulos alternos e a través de flashbacks, como chegaron ata ese momento, todo visto polos ollos dun neno de once anos que se chama Amadou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario