19 abr 2013

"EN ABRIL,LIBROS MIL"


 
"EN ABRIL , LIBROS MIL"
Este é o lema  que eleximos para celebrar o MES DOS LIBROS E DA LECTURA.
No programa hai: contacontos , encontro con escritor@s, obradoiros, exposicións, marcapáxinas,.....
 A actividade principal será o martes 23
" DÍA  DO  LIBRO "
 OS APADRIÑAMENTOS LECTORES 
Durante esta semana  as madriñas  e os padriños (alumnado de 2º e 3º ciclo) foron visitar e coñecer ás súas afilladas e afillados . Tod@s están esperando o día con ilusión e expectación.

EN ABRIL,LIBROS MIL
  M A R T E S  16 de  Abril
CONTACONTOS
Anxo Moure
("O carballo con botas")
 
X O V E S   18  de  Abril
ENCONTRO ESCRITORA
Fina Casalderrey
("Quen me quere adoptar",
"O misterio do Faro Vello")
 
V E N R E S   19  de Abril
ENCONTRO ESCRITOR
Marcos Calveiro
("Palabras de auga")
 
M A R T E S  23  de Abril
DÍA DO LIBRO
 
Libros ao patio e Apadriñamentos Lectores
Marcapáxinas agasallo.
Entrega de Diplomas aos máis lectores
 
X O V E S   25  de  Abril
OBRADOIRO
BANDA DESEÑADA
Abraham Carreiro
PASE AO LIBERESPAZO
 
Se queres ser libernauta e viaxar polo liberespazo só tes que pasar pola biblio e coller o teu pase,cubrir os datos e completar,sellar,e participar nun sorteo de libros e outros agasallos.

PINGAS LITERARIAS
 
Escribir na pinga unha frase dun personaxe célebre
 sobre o libro e a lectura e ilustrar.
Escribir na  pinga o título,autor
e un párrafo  do  libro favorito.
 
EXPOSICIÓNS DIVERSAS
 
-Traballos sobre os libros recomendados.
-Novidades.
-Contos e libros feitos polo alumnado en cursos anteriores.
-Libros que falan de libros e da biblioteca.
-Traballos sobre a PDI.
-Contos viaxeiros,cadernos das mochilas,pasaporte bibliotecario,....
-Libros colectivos e individuais..
ESTE  CURSO  LIBERAMOS  LIBROS!!!!!!
 
Dende a biblioteca liberamos varios libros .Levarán un distintivo na portada,unha pinga de cor cun aviso de que non é un libro perdido.Se o atopas podes collelo,lelo e voltar a liberalo para que o atope outra persoa.
O obxectivo é que o lea o maior número de persoas.
Non se trata de agochalo para que o busquen,trátase de deixalo libre para que calquera o poida coller e disfrutalo.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario