O martes 6 de febreiro, contamos coa presenza de María Escudeiro, nai do centro, que viu falarnos sobre unha figura do entroido vigués: Os Merdeiros.
María foi unha das primeiras Merdeiras
que sairon polo Casco Vello no 2006, ano no que comenza a recuperarse esta
personaxe do noso entroido.
Ao longo da charla ensinounos os diferentes
elementos que compoñen a vestimenta do Merdeiro: chaleque, faxín e a carouta.
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria
aprendeu moitas cousas: a súa orixe, o comportamento, que días saen no
Entroido, por onde podemos velos, a asociación que levou a cabo a súa
recuperación, etc.
Agasallounos cun libro da Asociación Etnográfica
da Merdeira, “O Merdeiro. Personaxe da Ribeira”, de Hadrián Román Carreiro e
Adriana del Río Miranda, que recolle unha pequena escolma da historia do
entroido da cidade de Vigo e analiza a figura do Merdeiro e que pasará a formar parte dos fondos da nosa biblioteca.
Moitas grazas María!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario