Dende este curso a nosa biblioteca pasou
a formar parte do programa Radio na Biblio. Ademais dos distintos materiais
necesarios para a gravación de programas necesitamos un nome e un logo que nos
identifique.
Os distintos equipos decidimos que o
nome da nosa radio é “A Radio do Seis”.
Queremos propoñervos que, pensando neste
nome, deseñedes un logotipo orixinal que identifique a nosa radio e nos
diferencie das demais.
Por iso plantexamos este concurso: “Buscamos
logo para a Radio” coas bases que figuran no cartel adxunto.
Agardamos a vosa colaboración!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario