O venres 28 de outubro recibimos a visita do escritor e contador Anxo Moure que, unha vez máis, nos engaiolou cos seus contos. Viu no seu "paztinete", noutro momento "nubinete", e falounos da importancia e da necesidade de reutilizar e reciclar. Fixo varias sesións para todo o alumnado do centro.
Nesta ocasión, as súas historias estaban centradas en afrontar os monstros que acechan ao planeta, monstros das guerras, da contaminación, do acoso, do racismo,…
Moito
gozou a rapazada que a través de ritmos, canción, xestos, bailes ao son da pandeireta e interactividade
mergullouse nese tempo de lecer que lles proporciona, un ano máis, a reapertura
da biblioteca, porque neste espazo están gardadas milleiros de historias que
toman vida cada vez que collemos un libro pero que tamén, a súa vez, van
sementando o futuro que está por vir.
Grazas Anxo polas túas verbas sempre na procura dun futuro mellor!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario