Obradoiro de sensibilización en igualdade “Muller e Ciencia”, a cargo de Arenaria Coordinación que se desenvolveu o 15 e 16 de novembro na Sala Rosalía e na BiblioLab, para todo o alumnado do centro en diferentes sesións. Actividade organizada pola nosa ANPA.
Utilizando como fío condutor os descubrimentos realizados por mulleres científicas ao longo da historia, Yolanda e David foron ensinándonos varios experimentos mentres nos atrapaban nas historias que nos relataban con protagonistas como Jane Goodall, Marie Curie, Hedy Lamarr, e tamén algunhas pioneiras españolas como Ángeles Alvariño ou Margarita Salas.
Sen dúbida os experimentos que máis triunfaron foron aqueles nos que interviña o lume, foron espectaculares! Pero tamén nos indicaron que poden resultar perigosos e aínda que son sinxelos, debemos facelo con axuda dun adulto que este informado e tomando todas as medidas de precaución.
Tamén causou sensación a obtención do noso ADN. Quen nos ía a dicir que cuns poucos ingredientes que todos temos na casa (auga, sal, xabón líquido e alcohol das feridas) conseguiríamos ver esa pequena maraña de filamentos fibrosos que forman o noso ADN. Quedamos coa boca aberta!
Unha maneira amena e divertida de aprender!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario