27 abr 2022

VISITA DE PERE TOBARUELA

Co gallo do mes dos libros, continuamos recibindo a visita de diferentes autores. Nesta ocasión, foi a quenda de PERE TOBARUELA, autor da colección FORMIG4S.

Pere viu visitar ao alumnado de 5ºEP que tras ler o seu libro FORMIG4S: Misión Camiño de Santiago, estaba desexoso de facerlle mil e unha preguntas sobre o libro e a súa traxectoria profesional en xeral.

A actividade comezou cunha breve presentación do alumnado e, de seguida, Pere colleu o temón para embarcarnos no seu mundo de creatividade, imaxinación, historias e humor, explicándonos como se pode crear unha historia que sexa boa, sendo sempre o obxectivo espertar o interese dos lectores/lectoras e atrapalos para que queiran seguir lendo o escrito.

Enseguida chegou o momento tan esperado polo alumnado, o momento de preguntar todo aquilo que querían coñecer sobre as FORMIG4S. E así foi como descubriron que si vai haber unha nova entrega desta colección pero que haberá que esperar un pouquiño. 

Que o elixir as formigas como personaxes principais das historia se debe a que son uns animais que lle gustan moito e que ademais lle parecía gracioso empregar a insectos como personaxes para as súas historias. E outras cousas máis que, os rapaces e rapazas de 5º, van gardar na memoria como privilexio de participar nesta actividade.

Finalmente tocou despedirse, pero non sen antes, cunha bonito agasallo por parte de Pere, a súa sinatura nos libros dos nenos e nenas que, de seguro, han atesourar na súa biblioteca persoal.

Moitas grazas Pere!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario