Co gallo do mes dos libros, continuamos recibindo a visita de diferentes autores. Nesta ocasión, foi a quenda de PERE TOBARUELA, autor da colección FORMIG4S.
Pere
viu visitar ao alumnado de 5ºEP que tras ler o seu libro FORMIG4S: Misión Camiño de Santiago,
estaba desexoso de facerlle mil e unha preguntas sobre o libro e a súa
traxectoria profesional en xeral.
A actividade comezou cunha breve presentación do alumnado e, de seguida, Pere colleu o temón para embarcarnos no seu mundo de creatividade, imaxinación, historias e humor, explicándonos como se pode crear unha historia que sexa boa, sendo sempre o obxectivo espertar o interese dos lectores/lectoras e atrapalos para que queiran seguir lendo o escrito.
Enseguida chegou o momento tan esperado polo alumnado, o momento de preguntar todo aquilo que querían coñecer sobre as FORMIG4S. E así foi como descubriron que si vai haber unha nova entrega desta colección pero que haberá que esperar un pouquiño.
Que o elixir as formigas como personaxes principais das historia se
debe a que son uns animais que lle gustan moito e que ademais lle
parecía gracioso empregar a insectos como personaxes para as súas historias. E
outras cousas máis que, os rapaces e rapazas de 5º, van gardar na memoria como
privilexio de participar nesta actividade.
Finalmente
tocou despedirse, pero non sen antes, cunha bonito agasallo por parte de Pere, a
súa sinatura nos libros dos nenos e nenas que, de seguro, han atesourar na súa
biblioteca persoal.
Moitas
grazas Pere!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario