14 may 2021

POLO CORREO DO VENTO

Onte, recibimos a visita de Polo Correo do Vento, que protagonizou unha actividade de contacontos ilustrado dedicado a Xela Arias, homenaxeada polo Día das Letras Galegas.

A narración oral estivo acompañada de música e de lingua de signos, así como un obradoiro no que foron debuxando a caricatura da poeta e dando pinceladas para que o alumnado fixera as súas propias.

Asinaron no libro “Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua”, da colección Mulleres Galegas, Lela Edicións, con ilustracións de Tania Solla, e que xa temos na nosa biblioteca.

Desfrutamos e aprendemos moito sobre Xela e sobre a nosa lingua!!! As ilustracións quedaron de agasallo para o centro.

Grazas por esta fermosa xornada!!! 

O noso agradecemento a Anpa que fixo posible esta actividade!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario