O 29 de abril recibimos a visita da escritora María Canosa, autora de Unha fábrica de bicos, ilustrado por Dani Padrón, da Editorial Xerais.
Contounos que este libro está
inspirado na súa filla, a quen non lle gustaban os bicos e que o nome de Mindi
(a protagonista) é o nome da súa boneca preferida.
Cando o ilustrador, despois de ler
o conto, lle presentou o seu traballo, non o podía crer! A súa filla
convertérase nunha porquiña! Quedou encantada.
Fomos interactuando con preguntas
e contando o conto entre todos e todas.
Ensinámoslle o vídeo do conto que
preparamos para o Día do Libro e agasallámola coa nosa adaptación traducida a
pictogramas. Ela agasallounos a nós asinando os nosos exemplares.
Un pracer contar contigo unha vez máis María.
Moitas grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario