Onte, recibimos a visita de Polo Correo do Vento, que protagonizou unha actividade de contacontos ilustrado dedicado a Xela Arias, homenaxeada polo Día das Letras Galegas.
A narración oral estivo acompañada de música e de lingua de signos, así
como un obradoiro no que foron debuxando a caricatura da poeta e dando
pinceladas para que o alumnado fixera as súas propias.
Asinaron no libro “Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua”, da colección Mulleres Galegas, Lela Edicións, con ilustracións de Tania Solla, e que xa temos na nosa biblioteca.
Desfrutamos e aprendemos moito sobre Xela e sobre a nosa lingua!!!
Grazas por esta fermosa xornada!!!
O noso agradecemento a Anpa que fixo posible esta actividade!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario