Un sapo, unha ra, un galo, un lagarto, unha nena, son os animais protagonistas do álbum ilustrado “A araña que lles tiña medo ás arañas” escrito por Ramón D. Veiga e ilustrado por Iván R., da Editorial Xerais.
Un conto de medo e humor onde as risas gañan aos
arrepíos.
O 27 de Abril, recibimos a visita de Ramón, que falou do libro co alumnado de 1ºB.
Contounos como empezou
a escribir, cal foi a súa inspiración e explicounos a importancia do proceso
creativo das ilustracións. Respostou ás diferentes preguntas que tiñamos preparadas.
A araña foi o elemento motivador que empregou para elaborar, entre todos e todas, un conto, que puxo peche a esta xornada.
Asinou os libros e rematou vendo o vídeo do conto que interpretamos para celebrar o Día do Libro. Grazas Ramón!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario