19 abr 2021

EN ABRIL,...LIBROS MIL!!!

Estamos en Abril, mes en que os libros e a lectura son os protagonistas.

Ilustración de Abi Castillo 

A biblioteca organiza diversas actividades: encontro cos escritores e escritoras dos libros dos itinerarios lectores , amadriña/apadriña un aula, adopta un libro, contacontos en familia...

Agardamos que disfrutedes con elas!!!

-AMADRIÑA/APADRIÑA UN AULA(VIRTUAL)

Achégase  o 23 de Abril, Día Mundial  do Libro, e por esa data, todos os anos, celebramos os tradicionais Amadriñamentos e Apadriñamentos lectores. Este curso pola situación na que nos atopamos  realizaremos unha actividade virtual: Amadriña/Apadriña un aula.

Cada aula de 3º, 4º, 5º e 6º, amadriñará/apadriñará a unha de Educación Infantil, 1º e 2º.

Tanto as clases de Madriñas/Padriños como as dos Afillados/Afilladas prepararán contos virtuais para compartir o venres 23, Día do Libro.


-BOOKFACE

Consiste en fundirse, integrar ou encaixar unha parte do corpo ( cara, mans,...) na portada dun libro de maneira que se unan para crear unha nova imaxe.

Fai a túa foto e compártea con nós no seguinte enderezo: bibliotecaseisdonadal@gmail.com

Data límite para enviar, o 30 de abril.

Con todas faremos unha montaxe. Anímadevos e participade!!!

-ADOPTA UN LIBRO

Co obxectivo de darlle unha segunda oportunidade a eses libros que por diversos motivos (expurgo, falta de espazo, deterioro, obsoletos,..) retiramos da biblioteca, o alumnado poderá adoptar un libro e levalo para a súa casa.

-ENCONTRO CON ESCRITORAS/ESCRITORES E CONTACONTOS

Contaremos coa presenza de varias escritoras/escritores e contacontos que se realizarán no exterior do centro (patios, zonas verdes,….) cumprindo o protocolo covid.

-AS FAMILIAS CONTAN(VIRTUAL)

Convidamos ás Familias a contar contos (ler, dramatizar,….) dende as súas casas.

Os vídeos serán proxectados na aula dos seus fillos e fillas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario