Este curso o noso centro entrou a formar parte do proxecto Radio na Biblio co obxectivo de ampliar as linguaxes presentes na biblioteca, promover a expresión oral, a alfabetización múltiple e o traballo colaborativo de profesorado e alumnado.
O xoves 11 de xaneiro o alumnado de 5º de Primaria recibiu
a formación de radio da man de Damián Alonso da Asociación Ponte...nas Ondas!
O obradoiro estructurouse en tres partes:
1.-Parte de locución e voz (ton, intensidade, velocidade…), con
exercicios de dicción, trabalinguas…
2.-Parte técnica centrándonos no programa Audacity e
as súas ferramentas.
3.-A parte final foi a preparación, por parellas, dun pequeno guión (presentación, novas, historias…) para gravar. Crearon o
programa de maneira conxunta na que asumiron as funcións de técnicos de son e
locución.
Foi unha xornada moi entretida e interesante na que nos familiarizamos co
funcionamento da radio.
Pola tarde, foi o profesorado os que tivemos esta mesma
formación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario