Familias xa está a vosa disposición o espazo con
libros de temática diversa: pedagoxía, crianzas, emocións, medio ambiente… que
podedes levar en préstamo.
Dende este mes de xaneiro e ata finais de maio as familias podedes
solicitar o préstamo destes fondos.
O máximo de libros que podedes coller en préstamo serán dous,
por un periodo de 15 días e renovación doutros 15 días máis.
Hai dúas maneiras de solicitalos:
-Presencialmente, vindo ao centro e seleccionando as lecturas que vós
interesen. Rexistrarase co nº de carnet da biblioteca do alumnado.
-Enviando un correo electrónico a bibliotecaseisdonadal@gmail.com,
indicando o título ou títulos dos libros que se queiran levar en préstamo, o
nome e o curso do voso fillo/filla para entregarllos.
O horario para recoller os libros será:
Os martes de 16,00h a 17,00h xa que haberá unha persoa do equipo de
biblioteca para solventar calquer dúbida que teñades.
Agardamos a vosa visita e as vosas suxestións!!!
Na seguinte presentación podedes ver os libros que temos no recanto e que se irán actualizando ao longo do curso.
FAMILIAS LECTORAS de Biblioteca Seis do Nadal
No hay comentarios:
Publicar un comentario