Nesta última fase do Plan PROXECTA+: Aprendo programando no Seis o alumnado de 6ºEP deseñou e creou un programa en Scratch para presentar a información da súa investigación sobre os REFUXIADOS.
En primeiro lugar planificaron o storyboard da súa narrativa dixital, pensando ben cales ían ser os fondos, personaxes e textos.
Unha vez co borrador e as ideas claras chegou a quenda de programar en Scratch para facer realidade os seus proxectos.
A continuación podedes acceder ao estudio de Scratch onde atoparedes os proxectos creados:
https://scratch.mit.edu/studios/33460479
No hay comentarios:
Publicar un comentario