O luns 12 de xuño rematou a nosa andaina co Club de Lectura de 6º, cunha xuntanza arredor do libro “A folla azul”, de Andrea Maceiras, Premio Merlín de Literatura Infantil 2020.
A conversa centrouse na temática
(coidado da natureza e do medio ambiente, dereitos dos pobos indíxenas,…) moi
vinculada ao noso proxecto documental deste curso e aos obxectivos da Axenda
2030.
Avaliamos o club de lectura no que recollemos
as súas opinións sobre o seu funcionamento:
-Unha experiencia interesante, divertida
para poder comentar e compartir opinións cos compañeiros/as.
-Os libros máis valorados: Palabras de
Caramelo, Formig4s. Misión Rosalía e A Señorita Bubble baixo cero.
-Poder conversar cos autor@s, Pere
Tobaruela e Ledicia Costas.
-A excursión a Padrón co Roteiro
Rosaliano.
Moitas grazas a todos e todas!!! Bo verán!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario