2 may 2023

MERCADIÑO SOLIDARIO DE LIBROS

Entre as actividades programadas para Abril, a biblioteca organiza a campaña, VI Mercadiño Solidario de Libros Usados, enmarcada no programa Biblioteca Escolar Solidaria.

Do 24 de abril ao 5 de maio, no vestíbulo do centro, con fondos procedentes do expurgo da biblioteca co obxectivo de darlle unha segunda oportunidade a esos libros e fomentar actitudes de responsabilidade e solidariedade cos máis necesitados.

O voluntariado da biblioteca é o encargado de organizar esta actividade na hora dos recreos.

Trocamos libros por alimentos: o alumnado pode levar un libro a cambio de traer alimentos non perecedeiros (fariña, azucre, pastas,...).

Todos os alimentos recadados serán doados ao Banco de Alimentos de Vigo.

Grazas pola vosa colaboración!!! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario