O pasado luns día 8 desenvolveuse unha nova actividade do programa “Lectura e Familias” a cargo de profesorado do Equipo de biblioteca, un Obradoiro de Lectura, robots e programación.
Nesta xornada as familias puideron desfrutar dun tempo de lecer coas súas crianzas compartindo historias como a de Carliños e as súas gafas de ver, os labirintos de Alicia, as peripecias de Amelia por conseguir ter unha mascota, a maxia das formas ou as aventuras da Axente Riciños.
A súa vez estas lecturas estiveron acompañadas de actividades relacionadas coa programación con Scratch e mBlock, deseño 3D, creación de arte futurista empregando o mBot, deseño de labirintos para resolver retos a través dos Ozobots e de Colby ou emular as rúas da Cidade Labirinto do poeta Pedro Mañas...
Moitas grazas ás familias que vos animastes a participar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario