Este curso participamos no programa Lectura e Familias, que ten por
obxectivo deseñar diversas iniciativas que favorezan a formación e a
participación das familias en experiencias de lectura e de
traballo coa información e medios de comunicación.
Entre os meses
de marzo a xuño desenvolveremos un programa de actividades, en horario de tarde, para facilitar que poidades compartir
ese tempo de lecer cos vosos fillos e fillas.
Iredes coñecendo as distintas propostas que temos preparadas: obradoiros,
charlas sobre formación,...
Comenzamos co Primeiro Obradoiro: “Xogamos en Familia”.
O fío conductor serán diferentes xogos de mesa e será impartido polo
profesorado do Equipo de Biblioteca.
Mércores 1 de marzo.
Haberá dúas
sesións:
- Unha, ás 16:00h, para as familias de Edº
Infantil, 1º e 2º de Primaria.
- E outra, ás 17:00h, para as familias de 3º a 6º
de Primaria.
As Familias interesadas terán que enviar un email ao correo da
biblioteca, indicando: o voso nome e o curso do fillo/filla, a
sesión a que ides vir e o número de asistentes.
Ter en conta
que se son irmáns de distintas idades teredes que valorar a que sesión queredes
asistir.
O noso correo
é: bibliotecaseisdonadal@gmail.com
Animádevos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario