O Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia foi proclamado no 2015 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas con fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa das mulleres e as nenas na ciencia.
A iniciativa 11 de Febreiro promove a realización de actividades para:
-Visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM, creando
así referentes femininos que poidan contribuir á elección destas áreas como
carreiras profesionais.
-Coñecer os diferentes factores que afectan á situación actual da muller
nas áreas STEM para fomentar prácticas que conduzan a súa eliminación e
alcanzar a igualdade de xénero no ámbito científico.
Este ano céntrase no papel das mulleres, nenas e a ciencia en relación cos Obxectivos ODS, incluidos na Axenda 2030.
Máis
información sobre o tema en:
· Mulleres de ciencia en Galicia
Para conmemorar esta data, ao longo da semana tivemos dúas charlas:
-O mércores 8 de febreiro, contamos coa presenza de María Escudeiro, enxeñeira forestal e nai de dúas nenas do cole. Explicounos que é o compost, e o seu proceso para poder utilizar o composteiro que temos no noso centro. Lembrounos a importancia de reciclar e fixemos varios xogos con esta temática.
-O venres 10 de febreiro, Juan e Patricia, dous investigadores do Instituto Español de Oceanografía do CSIC en Vigo, explicáronnos en que consiste o seu traballo e faláronnos de diferentes mulleres científicas, entre elas, Angeles Alvariño.
No hay comentarios:
Publicar un comentario