Hoxe 30 de xaneiro, para conmemorar o Día da Paz celebramos un acto colectivo.
Na pista de baloncesto, con
roupa branca e o noso colgante, colocámonos formando círculos e, todos xuntos, cantamos a canción “De festa”, de Uxía Lambona e a Banda Molona. Fixemos xestos e o retrouso en lingua de signos acompañada dunha coreografía.
Ao remate, os representantes
de cada clase foron colocándose coa letra, asignada e decorada con simboloxía
relacionada coa Paz, para formar o noso lema
“UN FUTURO DE PAZ”- “A PEACEFUL FUTURE”
No hay comentarios:
Publicar un comentario