O alumnado de Edº Infantil, 1º e 2º de Primaria disfrutou dunha actividade de animación á lectura.
Paula
Garvi, nai dunha alumna do centro viu contarnos o conto ”Sempre contigo”,
escrito por ela, no que quere amosar o valor da amizade e a importancia de
coidala coas persoas que queremos.
As protagonistas do libro están inspiradas en persoas da nosa Comunidade Educativa.
Estivo acompañada de Eva Carreras, cantante e exconcursante de Operacion Triunfo, que cantou a canción do conto.
Xa nas súas aulas, a cativada realizou debuxos para agasallar aos compañeiros e compañeiras.
“Sempre contigo” da Ed. Circulo Rojo, cóntanos a historia de dúas nenas, Paula e María, ás que lles toca vivir unha situación complicada na vida: enfrontarse a unha pandemia que lles impide estar xuntas e abrazarse.
Paula e Eva remataron asinando o exemplar para o centro e no libro de visitas. Grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario