Estamos en Abril, mes en que
os libros e a lectura son os protagonistas.
Ilustración de Abi Castillo
A biblioteca organiza
diversas actividades: encontro cos escritores e escritoras dos libros dos
itinerarios lectores , amadriña/apadriña un aula, adopta un libro, contacontos
en familia...
Agardamos que disfrutedes con elas!!!
-AMADRIÑA/APADRIÑA UN AULA(VIRTUAL)
Achégase o 23 de Abril, Día Mundial do Libro, e por esa
data, todos os anos, celebramos os tradicionais Amadriñamentos e Apadriñamentos
lectores. Este curso pola situación na que nos atopamos realizaremos unha actividade virtual:
Amadriña/Apadriña un aula.
Cada aula de 3º, 4º, 5º e 6º, amadriñará/apadriñará a unha de Educación Infantil, 1º e 2º.
Tanto as clases de Madriñas/Padriños como as
dos Afillados/Afilladas prepararán contos virtuais para compartir o venres 23,
Día do Libro.
-BOOKFACE
Consiste en fundirse, integrar
ou encaixar unha parte do corpo ( cara, mans,...) na portada dun libro de maneira
que se unan para crear unha nova imaxe.
Fai a túa foto e compártea
con nós no seguinte enderezo: bibliotecaseisdonadal@gmail.com
Data límite para enviar, o 30
de abril.
Con todas faremos unha
montaxe. Anímadevos e participade!!!
-ADOPTA UN LIBRO
Co obxectivo de darlle unha segunda
oportunidade a eses libros que por diversos motivos (expurgo, falta de espazo,
deterioro, obsoletos,..) retiramos da biblioteca, o alumnado poderá adoptar un
libro e levalo para a súa casa.
-ENCONTRO CON ESCRITORAS/ESCRITORES E CONTACONTOS
Contaremos coa presenza de varias escritoras/escritores e contacontos que se realizarán no exterior do centro (patios,
zonas verdes,….) cumprindo o protocolo
covid.
-AS FAMILIAS CONTAN(VIRTUAL)
Convidamos ás Familias a contar contos (ler,
dramatizar,….) dende as
súas casas.
Os vídeos serán proxectados na aula dos seus
fillos e fillas.