8 mar 2020

8M: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de Marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller.
O tema deste ano, "Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das Mulleres", seguindo a campaña de ONU Mulleres, Xeración Igualdade, que conmemora o 25 aniversario da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing recoñecida como a folla de ruta máis progresista para o empoderamento das mulleres e as nenas en todo o mundo.
A campaña Xeración Igualdade reunirá persoas de todos os xéneros, idades, orixes étnicos, razas, relixións e países, para impulsar accións que cren o mundo igualitario que merecemos.

As pequenas accións poden xerar grandes repercusións e facer realidade esta visión.

Máis información para reflexionar sobre o tema na seguinte ligazón
ONU Mulleres

O Equipo de biblioteca fixo unha Selección de lecturas sobre esta temática que están en exposición na biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario