O tema deste
ano, "Son da Xeración Igualdade: Polos dereitos das Mulleres", seguindo a
campaña de ONU Mulleres, Xeración Igualdade, que conmemora o 25 aniversario da
Declaración e Plataforma de Acción de Beijing recoñecida como a folla de ruta
máis progresista para o empoderamento das mulleres e as nenas en todo o mundo.
A campaña
Xeración Igualdade reunirá persoas de todos os xéneros, idades, orixes étnicos,
razas, relixións e países, para impulsar accións que cren o mundo igualitario
que merecemos.
As pequenas
accións poden xerar grandes repercusións e facer realidade esta visión.
Máis información
para reflexionar sobre o tema na seguinte ligazón
ONU Mulleres
O Equipo de
biblioteca fixo unha Selección de lecturas sobre esta temática que están en exposición na biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario