O
xoves 4 de abril o alumnado de cuarto visitou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.
Era
una saída moi esperada xa que este ano participamos por primeira vez no Salón.
O
noso traballo para o Salón , consiste na creación dun LAPBOOK, onde os lectores
e lectoras poderán manipular e interactuar co libro. O fio conductor do libro
son as inquedanzas do noso alumnado. Como eles mesmos, poderán revolucionar o
seu mundo máis próximo, a través dos seus libros favoritos, que os levan a
cumprir os seus soños, e así cambiar as maneiras de facer.
Despois
de recibirnos Orbil asistimos a un contacontos, “Periplo Atlántico”, a cargo de
Polo Correo do Vento no que interactuamos e fomos ilustradores/as do noso
Panchito.
Posteriormente
realizamos una visita guiada polas distintas estancias do Salón e vimos o noso
traballo e os dos outros centros participantes. Pasámolo moi ben!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario