SABELA
FERNÁNDEZ TRELLES
O
venres 5 de abril o alumnado de primeiro recibiu a Sabela Fernández Trelles
para falar do libro “O ladrón de soños” que estiveron traballando durante este
segundo trimestre.
Foi
una sesión moi amena na que interactuamos coa escritora. Nun primeiro momento,
saíron varios alumnos e alumnas que escribiron os seus soños para colgalos con
pinzas nun tendal.
Coa
súa variña máxica escolleu ao alumnado que escribíu os seus pesadelos e metéronos nun cofre.
Lemos o noso conxuro para que eses pesadelos non volverán máis.
Cantamos
todos xuntos e rematou asinando os libros.Grazas!!!
MARÍA
CANOSA
O
9 de abril visitounos María Canosa. Xa tiveramos a sorte de contar con ela o
curso pasado cando lemos o seu libro Rubicundo,
e este ano que xa estamos en 4º limos A
cazadora de estrelas. María xa nos contara que os dous libros teñen certa
relación e por iso animámonos a ler esta interesante historia sobre Megumi, a
cazadora das estrelas e a súa egua Turrón.
Puidemos
preguntarlle a María todas as dúbidas sobre o relato. Tamén explicounos como elabora as historias, como
escolle os nomes dos personaxes e as mensaxes que nos quere transmitir coa
historia. Este libro fíxonos reflexionar sobre a igualdade entre mulleres e
homes, as normas establecidas, as inxustizas, o valor do esforzo…
Fixémoslle
algúns agasallos, entre eles un libriño elaborado polo alumnado de cuarto que é
un conxunto de historias de Megumi en cómic. Por último, asinounos os libros e
esperamos contar con ela en máis ocasións. Grazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario