31 mar 2019

2 DE ABRIL, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL


Un ano máis, o IBBY xunto coa OEPLI , GÁLIX e outras seccións, conmemora o Día Internacional do Libro Infantil, 2 de Abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen co fin de inspirar amor polos libros e a lectura.
A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2019 correspondeulle a Lituania. A autoría do texto e a ilustración son de Kestius Kasparavicius, quen titula a súa mensaxe: “Os libros fannos acougar”.

"...Tan pronto como abres un libro, mergúllaste nas súas tranquilas profundidades e sabes que nel as cousas non pasarán a tanta velocidade que non che permita apreciar nada...."

"...Os libros axúdannos a vivir amodo, apréndennos a observar e convídannos a buscar acomodo e sentar durante un longo anaco. A miúdo lemos sentadas, co libro sobre a mesa ou entre as mans, non si?..."

"Que non falten libros interesantes para o lectorado e lectorado interesante para os libros!"

Galix, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.

MENSAXE  en galego e información sobre o autor.

CONCURSO "Sefie LIX" (OEPLI) (Remata o prazo o 10 de abril)

DÍA DO LIBRO INFANTIL – OEPLI

29 mar 2019

DÍA DAS ARTES GALEGAS 2019: LUÍS SEOANE


O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, un acontecemento instituído pola Real Academia Galega de Belas Artes. No ano 2019, o homenaxeado é o pintor LUÍS SEOANE.
Para celebralo, a Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia realizará unha Xornada de Portas Abertas.

A  Rede do Patrimonio Cultural, conscientes de que o mellor camino para a conservación do Patrimonio é o coñecemento, confeccionou un documento sobre a figura de Luís Seoane para os centros educativos, elaborado por  Rosa Espiñeira Pan.

Cartel día das artes galegas para infantil (Ficha do cadro “As Mariscadoras”).

Cartel Luís Seoane.

Máis información nas seguintes ligazóns:

-Unidade didáctica Luís Seoane polo Ceip "Juan Fernández Latorre" para primaria.

-Fundación Luís Seoane
-Museo de Belas Artes de A Coruña

24 mar 2019

PACO NOGUEIRAS : CONTACONTOS


O 21 de marzo o alumnado de educación infantil pasou momentos maravillosos cheos de contos grazas a Paco Nogueiras que viu coa súa maleta cargada de libros  e acompañado do seu acordeón co que puxo música a esas fermosas historias.
Cando recibimos a súa carta comunicándonos que ía vir visitarnos puxémonos moi contentos e contentas , preparando uns debuxos para agasallalo.
Nesta ocasión as contadas foron catro historias de Kalandraka: Nunú no xardín, Violín, Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés e Elmer
Todos estes libros están dispoñibles na biblioteca para que poidades lelos e disfrutar.
Coma sempre encantounos. Grazas Paco !!!!!

23 mar 2019

XX SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Dende o 22 de Marzo  ao 12 de Abril desenvólvese, no Pazo da Cultura de Pontevedra, o XX Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

O tema da edición de 2019 é A REVOLUCIÓN, co que pretende achegarse á xente máis nova á reflexión e ao pensamento crítico.

Hai máis de 300 propostas para todos os públicos, dende exposicións, roteiros, contacontos, obradoiros, teatro, presentacións e espectáculos musicais.

Ten especial protagonismo a literatura  infantil e xuvenil dos países e comunidade lusófonas, contando coa colaboración de autor@s e ilustradores de Portugal, Brasil e Angola.

Antonio García Teijeiro é o escritor homenaxeado o 2 de Abril, Día Internacional do Libro Infantil.

Todo o Programa aquí

21 mar 2019

ENCONTROS PLAMBE


Os vindeiros 21 e 22 de marzo celebraranse en Compostela os Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares correspondente ao curso 2018/2019, con intervención de persoas expertas en diversos ámbitos relacionados coas bibliotecas, a literatura, a comunicación, o patrimonio, a mediación lectora, as competencias informacionais e mediáticas, a tecnoloxía educativa e a produción audiovisual.
Ademais, presentaranse un total de 26 experiencias de centros de moi diverso contido (funcionamento da biblioteca escolar, "hora de ler", voluntariado, biblioteca inclusiva, espazo creativo, proxecto lector, Radio na biblio, clubs de lectura, traballo por proxectos e outros).

Neste ano de "Poéticas Diversas", a poesía estará presente da man de Mar Benegas, Montse Pena e Carlos Negro.


FONTE: Bibliotecas Escolares

20 mar 2019

IAGO LÓPEZ: CONTACONTOS

O venres 15 de marzo recibimos un curso máis a visita do escritor IAGO LÓPEZ.
O alumnado de primeiro disfrutou dunha actividade de animación á lectura co conto “O LOBO CON BOTAS”  da Editorial Xerais, que estiveron traballando durante este segundo trimestre.
Estivemos moi atentos e atentas a esta divertida historia e tamén participamos nela. Moitas grazas Iago por facernos pasar un rato tan agradable!!!

12 mar 2019

ENTROIDO MÁXICO

O venres 1 de marzo celebramos o entroido no centro. Seguindo o proxecto deste curso, O Seis , encheuse de personaxes máxicos.

Infantil de 3 anos: Unicornios
Infantil 4 anos: Peter Pan 
(campanilla, sereas, capitán garfio,…)
Infantil de cinco anos: Mago de Oz 
(Dorothy, espantallos, leóns, bruxa,…)
1º: Mary Poppins 
2º: Trasnos do bosque 
3º: Magos e magas
4º: Personaxes de Alicia no país das marabillas
5º: Personaxes de Harry Potter
6º: Meigas e Meigos das fragas
Desfile no pavillón e pasarrúas polo barrio .
A volta  xuizo e queima do Meco.
E para rematar degustación de productos típicos desta festa (orellas, filloas, flores,...).
Grazas ás familias pola colaboración!!!!!

8 mar 2019

8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe, 8 de Marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller, e nós unímonos á celebración desta data.

O tema deste ano, "Pensemos en igualdade, construamos con intelixencia, innovemos para o cambio", coloca a innovación por parte das mulleres e as nenas, para as mulleres e as nenas, no centro dos esforzos para lograr a igualdade de xénero.
Nas seguintes ligazóns atoparedes recursos e información para reflexionar sobre o tema.
ONU Mulleres


Album de Mulleres Galegas
Preparamos  unha Selección de lecturas que amosan mulleres valentes, loitadoras, que rompen moldes, que contan historias, viven aventuras, persiguen os seus soños,…
Colección MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA.
Urco Editora. Novo libro:"Pepa a Loba".
PIONEIRAS 1,2.Ed.Xerais. 
Mulleres Galegas que abriron camiño
Colección MULLERES GALEGAS.Lela Edicións. 
Novo libro:O valor das ideas: a precursora do libro electrónico: Biografía de Angela Ruiz Robles
LAS CHICAS VAN DONDE QUIEREN
25 aventureras que cambiaron el mundo
INTRÉPIDAS
Recolle a historia de 25 mulleres viaxeiras e exploradoras de distintos momentos da historia
Lecturas para o 8M de Kalandraka
Máis lecturas en entradas anteriores