O
21 de marzo o alumnado de educación infantil pasou momentos maravillosos cheos
de contos grazas a Paco Nogueiras que
viu coa súa maleta cargada de libros e acompañado do seu acordeón co que puxo música
a esas fermosas historias.
Cando
recibimos a súa carta comunicándonos que ía vir visitarnos puxémonos moi
contentos e contentas , preparando uns debuxos para agasallalo.
Nesta
ocasión as contadas foron catro historias de Kalandraka: Nunú no xardín,
Violín, Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés e Elmer.
Coma
sempre encantounos. Grazas Paco !!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario