19 ene 2019

LECTURAS PARA A PAZ

Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, o 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola Unesco en 1993.
Lémbrase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidaridade, o respeto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

Estas son algunhas das lecturas seleccionadas que nos falan de convivencia, solidariedade, compartir, respetar,.... que están en exposición na biblioteca e no vestíbulo do centro.


POR QUE?Ed. Kalandraka
Fronte á barbarie da guerra, un libro visual que alenta os lectores a seren promotores do diálogo, da tolerancia, da convivencia e da paz.

IMAGINE. Ed. Flamboyant
É un álbum infantil sobre os valores da paz e a tolerancia. Coa letra da inmortal canción de John Lennon e prólogo de Yoko Ono en colaboración con Amnistía Internacional.

A BRUXA DISCORDIA.Ed.Galaxia.
Libro-Cd.Cancións para a Paz
Discordia é unha bruxa que é feliz destruíndo a Paz, facendo que todos os animais, e os humanos, se leven mal. E come olivas como unha tola...  Con todo un día vai acontecer algo que cambiará o seu mundo, e o mundo enteiro, para sempre...

O LAPIS MÁXICO DE MALALA.Ed.Xerais
Malala, como o personaxe dunha serie da televisión, desexaba ter un lapis máxico. Con el faría feliz a súa familia, borraría o cheiro a lixo da cidade, detería o tempo para durmir unha hora máis pola mañá... Pero nun momento dado caeu na conta de que había cousas máis importantes que arelar. Non lle gustaba o mundo que vía e quería mudalo. E aínda que nunca atopou un lapis máxico, decatouse de que podía traballar arreo para facer realidade os seus desexos.Este volume, fermosamente ilustrado, narra a historia de Malala para o lectorado máis novo e amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.
O PRINCIPIO. Ed. Kalandraka
Malia os efectos crueis e devastadores dunha guerra, este relato poético contado dende a infancia e que nos transporta con todo detallismo ata onde estouran as bombas, é unha mensaxe de esperanza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario