-Visita do Apalpador
O venres 21 de decembro cando chegamos as
nosas clases atopámonos cunha sorpresa, en cada das nosas mesas había unha
castaña. Quen a deixara alí? A resposta as nosas preguntas
non tardou en chegar. Ao longo da mañá recibimos a visita do Apalpador.
En Educación infantil contáronlle o que
estivemos aprendendo sobre este personaxe que nos visita cada ano por estas
datas.
Poesías, debuxos, libriños, .... foron alguns
das actividades traballadas para achegarnos a este figura do noso nadal.
-Contos en Familia
Jimena, nai de Nicolás e Leandro, de infantil
de catro anos contounos un conto de nadal : " O Apalpador". Grazas!!!
-En Nadal adopta un libro
Un curso
máis, na última semana de decembro, montamos esta campaña co obxecto de darlle
unha segunda oportunidade a eses libros que, por diversos motivos (antigüidade,
falta de espazo, fondos actualizados,...), temos que retirar da nosa
biblioteca.
Aqueles nenos e nenas que lles interesou, achegáronse ao vestíbulo do cole, onde estaban expostos os
libros, organizados por idades, para que poideran adoptalos e colleron o que
máis lles gustou para levalo para casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario